- 216 views
O proxecto “Português para o ensino secundário” naceu coa vontade de crear unidades para ensinar portugués ao alumnado que se achegue por primeira vez a esta lingua no ensino secundario.
Os contidos curriculares que se desenvolven neste curso corresponden, de maneira xeral, cos do 1º curso da ESO, atendendo a todos os bloques. De igual xeito, fóronse introducindo no deseño das diferentes actividades os estándares de aprendizaxe correspondentes a este curso, así como boa parte dos criterios de avaliación.