¿Mi ciudad? Aquí te guío
Este é o REA número 4 —dun total de 6— para a materia de Lingua Castelá e Literatura de 2.º de ESO.
A situación de aprendizaxe parte do concepto de Xenía (hospitalidade) para organizar a benvida ao alumnado de intercambio ou novo no centro. Para iso terán que coñecer os textos expositivos e as súas características.
O reto consiste en crear guías informativas e turísticas, en distintos formatos, que axuden ás persoas novas na localidade para sentirse "como na casa".