Física e Química 2ºESO: OD20. Movemento rectilíneo uniformemente acelerado-MRUA
Conxunto de 25 ODs de Física e Química de 2º ESO relacionadas con contidos de matemáticas e bioloxía do mesmo curso, con actividades en galego e inglés e sobre mulleres científicas.
OD20. Movemento rectilíneo uniformemente acelerado-MRUA
Obxectivos
- Entender o concepto de aceleración
- Coñecer O MRUA (movemento rectilíneo uniformemente acelerado), as súas ecuacións e gráficas
- Saber resolver exercicios de MRUA
- Facer algún experimento sinxelo deste movemento
- Coñecer os tipos de ecuacións de segundo grao e saber resolvelos
- Valorar o traballo da científica Mileva Maric
- Facer representacións gráficas de ecuacións cadráticas
- Entender que o movemento de caída libre é un tipo de MRUA
Breve resumo
Neste tema estudamos o MRUA, movemento en liña recta con aceleración constante. A representación do espacio frente o tempo no MRUA segue unha liña curva, polo que introducimos as ecuacións cadráticas e aprendemos a resolvelas. Coñecemos á científica Mileva Maric, muller de Einstein, quen realizou grandes aportacións na formulación da teoría da Relatividade e o efecto fotoeléctrico, e non foi recoñecida no seu tempo.