Física e Química 2ºESO: OD17. A electricidade

Visto: 166 veces
Votos
Aínda sen votos

14/01/2021

electricidad

Conxunto de 25 ODs de Física e Química de 2º ESO relacionados con contidos de matemáticas e bioloxía do mesmo curso, con actividades en galego e inglés e sobre mulleres científicas.

OD17. A electricidade

Obxectivos

  •     Saber como se forman os ións a partires dos átomos neutros
  •     Coñecer o tipo de cargas existentes e como é a forza entre elas.
  •     Entender a lei de Coulomb
  •     Coñecer algunhas manifestacións da electricidade estática
  •     Saber os métodos de carga dos corpos: frotamento, indución e contacto.
  •     Saber facer algún pequeno experimento de electricidade
  •     Coñecer as similitudes e diferenzas entre a forza gravitatoria e a eléctrica
  •     Coñecer algún exemplo de fenómenos naturais onde interveñan a electricidade ou as cargas
  •     Valorar o traballo da científica Fabiola Gianotti
  •     Saber operar con números enteiros

Breve resumo

Dende o século XIX a produción de electricidade comezou a ser un aspecto básico no desenvolvemento da tecnoloxía e as comodidades da vida cotiá coma a iluminación, a calefacción ou o funcionamento dos electrodomésticos. Por isto debemos saber en que se basean os fenómenos eléctricos dende o nivel atómico. Unha das forzas fundamentais da Natureza é a forza eléctrica, entre cargas, chamada lei de Coulomb. Na natureza hai moitos fenómenos que teñen a súa orixe na creación ou movemento de cargas, como as treboadas ou a transmisión do impulso nervioso. Veremos tamén o importante traballo da física Fabiola Gianotti como directora do CERN, onde se estudan as partículas fundamentais da materia.
Dado que os ións poden ser positivos ou negativos, introducimos as operacións con números enteiros.
 
Física e Química 2ºESO: OD17. A electricidade

Visto: 0 veces
Votos
Aínda sen votos
2021-01-14
Imaxe

Recursos relacionados
Galego