Física e Química 2ºESO: OD12. O carbono
Conxunto de 25 ODs de Física e Química de 2º ESO relacionados con contidos de matemáticas e bioloxía do mesmo curso, con actividades en galego e inglés e sobre mulleres científicas.
OD12. O carbono
Obxectivos
- Razoar a importancia do carbono para a vida
- Distinguir as biomoléculas baseadas no carbono
- Coñecer o ciclo do carbono na Terra
- Coñecer as principais formas do carbono con aplicacións nanotecnolóxicas
- Valorar o traballo da química Mildred Dresselhaus
- Saber converter números pequenos a notación científica
- Detectar CO2 cun sinxelo experimento
Breve resumo
O carbono é un elemento de grande versatilidade no que se basea a vida neste planeta e pode ser que noutros lugares do Universo. As moléculas orgánicas que compoñen os seres vivos están conformadas por cadeas carbonadas. Coñeceremos o ciclo polo que se recicla o carbono na Terra. Tamén faremos unha introdución á nanotecnoloxía, a ciencia do deseño de estruturas moleculares con importantes aplicacións en diversos ámbitos. Como estas moléculas son de tamaño nanométrico aprenderemos a traballar con notación científica de números pequenos. Existen formas alotrópicas do carbono como o grafeno ou os fullerenos que teñen moitas aplicacións nanotecnolóxicas. Asemade coñeceremos o traballo da “raíña” do carbono, Mildred Dresselhaus e veremos un video no que con sinxelos experimentos se detecta dióxido de carbono.