Energy and sustainable development

Visto: 167 veces
Votos
Media: 5 (9 votos)
Data

12/02/2025

Portada del proyecto

A emerxencia climática que estamos a vivir require dunha cidadanía informada que se comprometa e lle de resposta. Este ODE trata de achegar ao alumnado información científica e actualizada sobre a producción de enerxía, o cambio climático e o desenvolvemento sostible, concretando nas realidades galega e española.

Por outra banda, o coñecemento cada vez maior que temos da neurodiversidade e as NEAE require unha adaptación do sistema educativo para dar resposta ás distintas necesidades do alumnado, garantindo o principio de equidade e igualdade de oportunidades.

A finalidade deste proxecto é proporcionar materiais educativos dixitais interactivos que faciliten a atención e accesibilidade da maior parte posible do alumnado, proporcionando recursos visuais para personas con hipoacusia, auditivos para persoas con falta de visión, actividades adaptadas aos protocolos para a atención de alumnado con TEA, TDAH, autismo, asperger, dislexia, actividades extra de ampliación para alumnado con altas capacidades, traductor para o alumnado estranxeiro… e material para a atención á diversidade en xeral, proporcionando múltiples formas de representación da información, de expresión e de motivación e compromiso.

Preténdese fomentar a autonomía do alumnado na aprendizaxe, proporcionando pautas guiadas de resolución de problemas para os alumnos que o precisen e retroalimentación para a autoavaliación, de xeito que o alumnado que teña que faltar a algunha clase poda traballar os contidos correspondentes dende a casa de xeito autónomo.

Este recurso é a versión en inglés do seu equivalente en castelán, para que poda servir como material para as seccións bilingües de física e química de 3º da ESO en inglés. Tamén se pode empregar na aula en castelán como material para o traballo da competencia plurilingüe, xa que os ODE da versión en castelán e en inglés son equivalentes, polo que se poden traballar as actividades que se desexe da versión en inglés.

    Os contidos deste ODE correspóndense á parte do Bloque 3: A enerxía, do currículo para a ensinanza da física e química de 3º da ESO en Galicia: Enerxía eléctrica: obtención. O aforro enerxético e a conservación sostible do medio ambiente.

    Energy and sustainable development

    Visto: 0 veces
    Votos
    Media: 5 (9 votos)
    Fecha2025-02-12
    Imaxe

      Recursos relacionados
      Galego