A enerxía e o desenvolvemento sostible

A emerxencia climática que estamos a vivir require dunha cidadanía informada que se comprometa e lle de resposta. Este ODE trata de achegar ao alumnado información científica e actualizada sobre a producción de enerxía, o cambio climático e o desenvolvemento sostible, concretando nas realidades galega e española.
Por outra banda, o coñecemento cada vez maior que temos da neurodiversidade e as NEAE require unha adaptación do sistema educativo para dar resposta ás distintas necesidades do alumnado, garantindo o principio de equidade e igualdade de oportunidades.
A finalidade deste proxecto é proporcionar materiais educativos dixitais interactivos que faciliten a atención e accesibilidade da maior parte posible do alumnado, proporcionando recursos visuais para personas con hipoacusia, auditivos para persoas con falta de visión, actividades adaptadas aos protocolos para a atención de alumnado con TEA, TDAH, dislexia, actividades extra de ampliación para alumnado con altas capacidades, traductor para o alumnado estranxeiro… e material para a atención á diversidade en xeral, proporcionando múltiples formas de representación da información, de expresión e de motivación e compromiso.
Preténdese fomentar a autonomía do alumnado na aprendizaxe, proporcionando pautas guiadas de resolución de problemas para os alumnos que o precisen e retroalimentación para a autoavaliación, de xeito que o alumnado que teña que faltar a algunha clase poda traballar os contidos correspondentes dende a casa de xeito autónomo.
Os contidos deste ODE correspóndense á parte do Bloque 3: A enerxía, do currículo para a ensinanza da física e química de 3º da ESO en Galicia: Enerxía eléctrica: obtención. O aforro enerxético e a conservación sostible do medio ambiente.