Cálculo mental. Potencias e Raíces. Procesador de textos
Unidade didáctica 5 para o módulo 1 do ámbito científico-tecnolóxico da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.
Nesta unidade utilizaranse estratexias de cálculo mental para a resolución de operacións sinxelas, que se completará co uso da calculadora, así como as potencias de expoñente enteiro, as operacións entre potencias, a notación científica relacionada coas grandes e pequenas distancias, os cadrados perfectos e o cálculo da raíz cadrada coa calculadora. Para rematar, iniciaremos o estudo dun procesador de textos e o intercambio e a publicación de información.
Ámbito Científico-Tecnolóxico