Anda o tempo revolto
Visto: 0 veces
2025-09-01
- Read more about Anda o tempo revolto
- 226 views
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 3 -dun total de 3- elaborado no proxecto cREAgal para a área de Música e Danza de 6º de Educación Primaria.
A situación de aprendizaxe está relacionada coa aparición dun conto perdido e motívase o discente para que sexa quen de darlle orde e coñecer así as diferentes épocas da historia da música. O alumnado cantará, tocará, bailará, escoitará, seguirá un musicograma e coñecerá as características da música dende a Idade Media ata o S. XX. pasando polo Renacemento, o Barroco, o Clasicismo e o Romanticismo.