Music Factory unit 3
Music Factory é un proxecto interdisciplinar de oito unidades que abrangue o contido do curso completo da materia de Linguaxe Musical de 1º curso de Grao Elemental de Conservatorios en lingua inglesa.
Unidade 3
Discovering theory. Anacruse - Frase musical (pregunta-resposta) - Repetición, imitación, variación e contraste - Coma de respiración.
Let's sing! Identificación dos sons re, fa e la en clave de sol en 2ª liña e outros dados. Lectura melódico-rítmica entoada en clave de sol en 2ª liña cos sons re, fa e la sen acompañamento e con acompañamento pianístico. Interiorización da anacruse. Seguimento melódico en audición interna. Cuestionarios. Peza: Peter Pan.
Keeping the beat. Práctica rítmica e melódica das seguintes figuras: branca, silencio de branca, negra, silencio de negra e dúas corcheas. Cuestionarios. Recoñecemento das ordenacións formais repetición, imitación, variación, contraste sobre as pezas dadas: My Doll, Twinkle, Twinkle Little Star, Piano Man, Canon.
Ear training. Recoñecemento auditivo dos sons re, fa e la en clave de sol en 2ª liña a través de diferentes exercicios.
Creative Lab. Improvisación guiada coas pezas Twinkle, Twinkle Little Star e Ode an die Freude. Traballo co instrumental Orff e con percusión con vasos.
Music around the world. Alemania: An de Freude (4º movemento da Novena Sinfonía de L. van Beethoven). Coñecemento da peza en diferentes estilos musicais e visualización do manuscrito.
Language training. Práctica oral e escrita do léxico desta unidade.
Assessment. Actividades de avaliación do alumnado relativas ós contidos desta unidade. Cuestionario de avaliación, reflexión persoal e rúbrica.
Documents. Rúbrica da proposta educativa, manual de uso, guía didáctica e autoría dos recursos empregados.