Deportes e mates: Natación
Esta unidade didáctica, natación, é a 6ª dun conxunto de 10, nas que se traballan as matemáticas conxuntamente cos deportes. Está dirixida a 3º de primaria, podendo facer as adaptacións que o profesorado considere oportunas. Concretamente neste caso inclúese información, actividades interactivas, xogos, proxectos finais, autoavaliación sobre descomposición, medidas de lonxitude, multiplicacións e estratexias e procesos de resolución de problema, xunto coa natación.