A Linguaxe de Argen 1º G.P. - UD 4: Os acordes
Unidade didáctica que desenvolve contidos das 4 destrezas da materia de Linguaxe Musical (ritmo, entoación, audición e teoría) para o 1ª curso de Grao Profesional das ensinanzas especiais de Música, con explicacións e exercicios prácticos, con partituras axeitadas ao nivel e vídeos e audios para apoiar o estudo.
Son un conxunto das primeiras 5 UD das 10 que conforman o material a traballar no curso completo; esta unidade (UD 4) céntrase nos acordes (cifrados harmónico e americano, notas estrañas e análise), ademais de traballar os grupos de valoración especial e a clave de Do en 4ª na parte rítmica, entoación e os ditados a dúas voces.