Xogo programado, reto superado
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 6 -dun total de 6- elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Educación Dixital de 3º de Educación Secundaria Obrigatoria.
A situación de aprendizaxe xira en torno a un xogo de mesa tipo party game chamado Sensa6, cuxas probas debe deseñar e programar o alumnado. Para iso, as persoas estudantes traballarán contidos relacionados coa programación (estruturas básicas, traballo con variables, e listas...) e empregarán as placas controladoras micro:bit e/ou Adafruit PCE.
O reto consiste en elaborar unha aplicación con 6 programas e cargala nunha placa controladora. As controladoras programadas por todos os grupos da aula pasarán a formar parte do material do xogo Sensa6.