A la conquista de la ciencia
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 1 ―dun total de 6― elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Física e Química de 2.*º de Educación Secundaria Obrigatoria.
A situación de aprendizaxe desenvolvida ten como fío condutor a conquista por parte do Imperio romano de Galicia. Cun enfoque competencial, o alumnado investiga, analiza e aplica de forma práctica os conceptos relacionados co método científico, o Sistema Internacional de unidades, a materia e os estados de agregación da materia.
No reto proposto, o alumnado creará un plan de conquista, a partir de diferentes liñas de investigación propostas para aplicar os procesos de traballo propios do saber científico, desde unha perspectiva analítica. O produto final, o informe en papel ou a presentación dixital, utilizaranse para compartir o aprendido e axudar a que a comunidade escolar coñeza e respecte o patrimonio.