O cuco: Os ODS da Axenda 2030
O Cuco - ODS (Axenda 2030) é un xogo educativo dixital baseado na dinámica de preguntas e respostas no que os participantes compiten por conseguir quedar sen ovos no seu niño antes que os demais.
A proposta está inspirada no comportamento do cuco común (Cuculus canorus), unha ave coñecida por depositar os seus ovos nos niños doutras especies para que sexan estas quen os incuben e críen.
O xogo combina contidos curriculares de esta temática cunha mecánica lúdica que favorece a motivación, a participación activa e a consolidación das aprendizaxes.
Os cinco bloques temáticos traballados no recurso son:
- ODS 1: Fin da pobreza
- ODS 5: Igualdade de xénero
- ODS 10: Redución das desigualdades
- ODS 12: Produción e consumo responsable
- ODS 13: Acción polo clima