Compras con estrategia
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 9 elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Matemáticas de 6º de Educación Primaria.
Ao longo da situación de aprendizaxe, o alumnado coñecerá como analizar os gastos familiares a través dunha sondaxe. Ademais, reflexionará sobre distintas situacións de compra aplicando conceptos estatísticos, a partir dos cales fará propostas para optimizar os gastos. Traballará con datos dos fogares galegos e nacionais obtidos do IGE e do INE, e aprenderá a facer simulacións con experimentos aleatorios.