Proxecto BauGal_Tecno_ODE3: O mellor de cada casa
Esta terceira secuencia do Proxecto BauGal, propón, a partir da análise dunha bioconstrución concreta, o deseño e fabricación un prototipo elaborado con biomateriais.
Os obxectivos son:
- Profundizar nos principios da arquitectura bioclimática, identificando materiais naturais e técnicas de bioconstrución e valorando as súas vantaxes.
- Desenvolver un proxecto de prototipado no taller empregando biomateriais.
- Iniciarse na dixitalización tridimensional a través da fotogrametría, empregando o resultado para documentar e publicitar un proxecto tecnolóxico.
Non é imprescindible ter visto os ODE anteriores, pero é recomendable ter traballado o ODE1_Tecno_BauGal, onde se define o vocabulario básico de arquitectura bioclimática.
O ODE está temporalizado para 7 sesións pero en función da complexidade do prototipo pode levar máis tempo.