Física y Química 2ºESO: OD2. ¿De qué está hecha la materia?
Conjunto de 25 unidades de Física y Química de 2º ESO relacionados con los contenidos de matemáticas y biología del mismo curso, con actividades en gallego e inglés y sobre mujeres científicas.
OD2. De que está feita a materia?
Obxectivos
- Identificar sistemas materiais como substancias puras ou mesturas e valorar a importancia e as aplicacións de mesturas de especial interese.
- Aprender diferentes métodos de separación dos compoñentes dunha mestura, como filtración, cristalización, destilación, decantación, etc., empregando o material de laboratorio axeitado.
- Diferenciar os conceptos de disolución e substancia pura
- Coñecer diversas disolucións de importancia en bioloxía.
- Entender a expresión de magnitudes mediante porcentaxes.
- Manexar algunhas aplicacións das porcentaxes.
- Achegarnos á vida de Sylvia Earle e coñecer polo miúdo o seu traballo.
Breve resumo
Se nos fixamos en calquera das comidas que facemos ao día, veremos que entre os alimentos que consumimos temos unha grande diversidade: temos mesturas de substancias, coma o zume ou o café con leite, ou substancias puras coma o azucre. Tamén nos utensilios que manexamos temos diferentes materiais, coma porcelana...
Nesta unidade trataremos de facer unha primeira aproximación á composición da materia, que continuaremos máis adiante estudando átomos e moléculas, xa que veremos que, un exame microscópico pon de manifesto que estas mesturas e materiais aínda que a simple vista a veces son ou presentan unha estrutura, revela máis diversidade da materia.