Pasaporte emocional. Toronto

Visto: 0 veces
2024-04-17

Materia: Benestar emocional na aula

Descrición: Contido dinámico e interactivo que ten como finalidade mellorar as competencias sociais fomentando a convivencia a partir dunha viaxe a Toronto. O alumnado deberá xestionar unha serie de situacións empregando a escoita activa e a asertividade.

Tipo de recursos:

  • Actividades interactivas.

Número de sesións estimadas: de 2 a 3, dependendo da profundidade coa que se queira traballar.

Aclaracións

Pasaporte emocional. Grecia

Visto: 0 veces
2024-04-17

Materia: Benestar emocional na aula

Descrición: Contido dinámico e interactivo que ten como finalidade aprender a xestionar as emocións propias de xeito que os factores externos non impidan acadar a estabilidade emocional a partir dunha viaxe a Grecia. Para conseguir a autonomía emocional, traballarase na autoimaxe, na autoestima, no autoconcepto e na autoeficacia.

Tipo de recursos:

Pasaporte emocional. Ourense

Visto: 0 veces
2024-04-17

Materia: Benestar emocional na aula

Descrición: Contido dinámico e interactivo que ten como finalidade aprender a regularse emocionalmente a partir dunha viaxe a Ourense na que o alumnado deberá xestionar emocións como o medo, a tristeza e a ira.

Tipo de recursos:

  • Actividades interactivas.
  • Escenarios interactivos.

Número de sesións estimadas: de 2 a 3, dependendo da profundidade coa que se queira traballar.

Aclaracións

Autocoidado emocional. Sorteo de autoagasallos

Visto: 0 veces
2024-03-27

Materia: Benestar emocional na aula

Descrición: Pílula interactiva que promove a adquisición de rutinas de autocoidado entre o alumnado a través dunha dinámica na que cada estudante elaborará unha lista propia de pequenos regalos que facerse no día a día. Posteriormente e durante unha semana, o alumnado entrará no contido para atopar un regalo diferente e aleatorio da súa lista que terá que desfrutar ao longo do día.

Tipo de recursos: 

Laboratorio Xeométrico. Visión holográfica 

Visto: 0 veces
2022-11-15

Materia: Matemáticas

Descrición: Contido audiovisual interactivo baseado en hologramas que permite a visualización en 3D e en movemento de figuras xeométricas, dos seus elementos interiores e da animación dos seus despregues. Acompáñase dunha guía para a creación manual da pirámide holográfica que permite a proxección dos hologramas. Esta pirámide pode construirse de forma sinxela con elementos reciclados.

Tipo de recursos: 

  • Visor holográfico.

Número de sesións estimadas: 1.