Fundación Intelligere & co. Axencia de exploración (Versión en galego)

Visto: 0 veces
2025-05-14

Este ODE é o primeiro dunha serie de cinco secuencias didácticas destinadas ás relacións entre a intelixencia artificial e a linguaxe. O propósito deste ODE en concreto é artellar unha situación de aprendizaxe na que o alumnado explore a interrelación entre a IA e a linguaxe, as unidades lingüísticas, os principios de cooperación comunicativa, a diversidade lingüística. A proposta parte da creación dunha situación ficcional: a existencia dunha fundación, Intelligere & co. que investiga e fai desenvolvemento no campo da IA.

Fundación Intelligere & co. Presentación do proxecto (Versión en galego)

Visto: 0 veces
2025-05-14

Este ODE é unha introdución a unha serie de cinco Obxectos Dixitais Educativos (ODE) destinados ás relacións entre a intelixencia artificial e a linguaxe. O propósito deste  ODE é presentar unha situación de aprendizaxe para promover dinámicas cooperativas, formar os grupos de traballo no caso de que se necesiten dinámicas específicas para deseñalos e introducir unha análise previa das IA para avaliar os coñecementos de partida do alumnado ao que vai dirixido.

Diversificación Curricular para 3º de ESO: A (re)volta ao día en 80 mundos

Visto: 0 veces
2024-09-25

Cuarta unidade do curso completo do ámbito sociolingüístico para o curso do Programa de Diversificación Curricular de 3º ESO.   O centro temático desta unidade  pertence á área de Xeografía e Historia:  son as revolucións que cambiaron o mundo desde 1789 en adiante.

Diversificación Curricular para 3º de ESO: Entre Guerras

Visto: 0 veces
2024-09-25

Partindo dun tema da área de Xeografía e Historia , os conflitos do século XX, vaise articulando toda a unidade  que abrangue os contidos pertencentes ás diferentes disciplinas que integran o Ámbito Sociolingüístico: Lingua Inglesa, Lingua Galega, Lengua Castellana e Xeografía e Historia. En cada sección trabállase un xogo para fomentar a aprendizaxe baseada en xogos e inclúese tamén unha proposta de situación de aprendizaxe e un traballo por proxectos.

Pasaporte emocional. Encerado (debuxo libre)

Visto: 0 veces
2024-04-17

Materia: Benestar emocional na aula

Descrición: Encerado que conta con numerosas ferramentas para debuxar: figuras xeométricas, liñas, frechas, pincel, cadro de texto, inserción de imaxes, goma de borrar etc. O alumnado poderá personalizar o panel de debuxo cambiando a cor de fondo, modificando o formato dos elementos seleccionados e desprazándoos ao lugar de preferencia para realizar composicións creativas, esquemas ou mapas conceptuais.

Tipo de recursos:

Pasaporte emocional. Diario de viaxe

Visto: 0 veces
2024-04-17

Materia: Inglés

Descrición: Contido interactivo que permite ao alumnado crear o seu propio diario de viaxe rexistrando as súas experiencias nas distintas paradas da iniciativa Pasaporte emocional. A narrativa dunha viaxe emocionante e a creación dinámica do diario, que recolle as preferencias de cada persoa no seu deseño (cor, fotografías etc.), motivan ao alumnado a anotar un breve resumo co que se queda de cada destino, contribuíndo así á asimilación do coñecemento adquirido e a súa expresión escrita.