Enerxía nuclear. Visita á central nuclear
Materia: Física e Química
Descrición: Contido baseado en dinámicas de Scape Room no que o alumnado terá que resolver enigmas e retos para conseguir saír da central nuclear (PWR) evacuada na que se perdeu.
A través da experimentación, o alumnado comprenderá o proceso de xeración e distribución da enerxía dunha central a unha cidade, segundo a súa necesidade enerxética, e adquirirá ou repasará os coñecementos necesarios para enfrontarse ao reto final: manexar os cadros de control da central nuclear e salvar á cidade do desastre.
Pasaporte emocional. Viaxe emocionante (ESO)
Materia: Benestar emocional na aula
Descrición: Contido dinámico e interactivo que permite ao alumnado traballar distintas competencias emocionais, intrapersoais e sociais a partir dunha viaxe a distintos escenarios reais nos que irá superando retos. Emprégase a arte, a historia e a narrativa para profundar no traballo introspectivo do alumnado, así como para fomentar debate e pensamento crítico.
Tipo de recursos:
Péndulo de Galileo. Laboratorio de experimentación de Galileo
Materia: Física e Química
Descrición: Laboratorios virtuais manipulativos que permiten ao alumnado experimentar con diversas variables do péndulo (ángulo, extensión do fío, gravidade e masa) para demostrar os factores que dependen do período do péndulo, empregando o método científico e seguindo a figura de Galileo Galilei, de quen se presentan a súa vida e a súa obra en vídeos animados.
Tipo de recursos:
Química Manipulativa. Elementos e compostos
Materia: Física e Química
Descrición: Laboratorio virtual manipulativo para a composición e identificación de elementos e compostos químicos. O alumnado traballará con fichas 3D para representar os distintos elementos e compostos e irá completando a súa táboa periódica, dende onde poderá aprender sobre as características, os usos e aplicacións e as curiosidades de cada elemento.
Tipo de recursos:
- Laboratorio virtual
Número de sesións estimadas: 1.
Aula virtual: Física y Química 3º ESO
Actividades e material de apoio para traballar na materia de física e química de 3º ESO
Física e Química 2ºESO: OD12. O carbono
Conxunto de 25 ODs de Física e Química de 2º ESO relacionados con contidos de matemáticas e bioloxía do mesmo curso, con actividades en galego e inglés e sobre mulleres científicas.
OD12. O carbono
Obxectivos
As ciencias na MarumaSat
Materiais en formato dixital para traballar na aula certos bloques de contidos das materias STEM: ciencias, tecnoloxía e matemáticas necesarios para levar a cabo o proxecto didáctico NOSA-MarumaSat: Axencia Espacial Escolar Galega
Formulación de química orgánica
Completa Unidade Didáctica para traballar a formulación de química orgánica segundo as normas da IUPAC