Enerxía nuclear. Visita á central nuclear

Visto: 0 veces
2022-11-14

Materia: Física e Química

Descrición: Contido baseado en dinámicas de Scape Room no que o alumnado terá que resolver enigmas e retos para conseguir saír da central nuclear (PWR) evacuada na que se perdeu.
A través da experimentación, o alumnado comprenderá o proceso de xeración e distribución da enerxía dunha central a unha cidade, segundo a súa necesidade enerxética, e adquirirá ou repasará os coñecementos necesarios para enfrontarse ao reto final: manexar os cadros de control da central nuclear e salvar á cidade do desastre.

Pasaporte emocional. Viaxe emocionante (ESO)

Visto: 0 veces
2022-11-14

Materia: Benestar emocional na aula

Descrición: Contido dinámico e interactivo que permite ao alumnado traballar distintas competencias emocionais, intrapersoais e sociais a partir dunha viaxe a distintos escenarios reais nos que irá superando retos. ​Emprégase a arte, a historia e a narrativa para profundar no traballo introspectivo do alumnado, así como para fomentar debate e pensamento crítico.

Tipo de recursos:

Péndulo de Galileo. Laboratorio de experimentación de Galileo

Visto: 0 veces
2022-11-11

Materia: Física e Química

Descrición: Laboratorios virtuais manipulativos que permiten ao alumnado experimentar con diversas variables do péndulo (ángulo, extensión do fío, gravidade e masa) para demostrar os factores que dependen do período do péndulo, empregando o método científico e seguindo a figura de Galileo Galilei, de quen se presentan a súa vida e a súa obra en vídeos animados.

Tipo de recursos: 

Química Manipulativa. Elementos e compostos

Visto: 0 veces
2022-11-11

Materia: Física e Química

Descrición: Laboratorio virtual manipulativo para a composición e identificación de elementos e compostos químicos. O alumnado traballará con fichas 3D para representar os distintos elementos e compostos e irá completando a súa táboa periódica, dende onde poderá aprender sobre as características, os usos e aplicacións e as curiosidades de cada elemento.

Tipo de recursos: 

  • Laboratorio virtual

Número de sesións estimadas: 1.

Máquinas e proxectos técnicos

Visto: 0 veces
2014-09-30

Unidade didáctica 6 para o módulo 4 do ámbito científico-tecnolóxico da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.
Esta unidade aborda o que, en síntese, podemos definir como procedemento tecnolóxico, é dicir, os coñecementos relacionados co deseño, a construción, o uso e a organización produtiva de obxectos de consumo. A súa amplitude e a necesidade de sintetizar temas tan dispares obriga a dividir a unidade en dúas partes: unha sobre máquinas e mecanismos e outra sobre os procesos de produción.