A linguaxe musical a través de Musescore: (4) a intensidade do son
O proxecto “A linguaxe musical a través de Musescore” pretende que a linguaxe e práctica musical se traballe de maneira máis participativa, dinámica e transversal, adaptada a todos os niveis que nos podamos atopar en clase, e o suficientemente aberta para poder explorar e traballar cos alumnos/ as de forma autodidacta, de xeito que mentres estamos a explicar os contidos teóricos musicais a través do programa musescore, tamén estaremos traballando no programa de maneira intuitiva e razoando os contidos previamente explicados.