Autocoidado emocional. Sorteo de autoagasallos

Visto: 0 veces
2024-03-27

Materia: Benestar emocional na aula

Descrición: Pílula interactiva que promove a adquisición de rutinas de autocoidado entre o alumnado a través dunha dinámica na que cada estudante elaborará unha lista propia de pequenos regalos que facerse no día a día. Posteriormente e durante unha semana, o alumnado entrará no contido para atopar un regalo diferente e aleatorio da súa lista que terá que desfrutar ao longo do día.

Tipo de recursos: 

Matemáticas marcianas: Potencias astronómicas con bloques

Visto: 0 veces
2024-02-09

Contido audiovisual motivador, interactivo, inclusivo, cooperativo e divertido. A través dunhas ledas alieníxenas procedentes de Marte, artéllanse as potencias de base 10 e a notación científica. Empregando material visual (bloques) e interactivo, resulta un método alternativo á hora de traballar este tema. Amais, ten relación directa cunha aplicación práctica da matemática, a astronomía, eido máis que apropiado para unhas marcianas.

Matemáticas marcianas: operaciones combinadas por bloques

Visto: 0 veces
2024-02-09

Contido audiovisual motivador, interactivo, inclusivo, cooperativo e divertido. A través dunhas ledas alieníxenas procedentes de Marte, artéllase a teoría das operacións combinadas por bloques. Consiste nun método alternativo ao tradicional “xerarquía de operacións”. Dado que este tema resulta bastante difícil de asimilar polo alumnado, o material realizado evidénciase como un innovador procedemento visual e manipulativo. Co obxectivo de favorecer todos os estilos de aprendizaxe, o traballo consta de diversidade na tipoloxía das súas actividades.

Laboratorio Xeométrico. Visión holográfica 

Visto: 0 veces
2022-11-15

Materia: Matemáticas

Descrición: Contido audiovisual interactivo baseado en hologramas que permite a visualización en 3D e en movemento de figuras xeométricas, dos seus elementos interiores e da animación dos seus despregues. Acompáñase dunha guía para a creación manual da pirámide holográfica que permite a proxección dos hologramas. Esta pirámide pode construirse de forma sinxela con elementos reciclados.

Tipo de recursos: 

  • Visor holográfico.

Número de sesións estimadas: 1.

Cálculo de volumes. Cociña Xeométrica

Visto: 0 veces
2022-11-14

Materia: Matemáticas

Descrición: Contido dinámico que permite iniciar ao alumnado no cálculo de volumes das figuras xeométricas a través da elaboración de comidas con formas xeométricas, seguindo paso a paso a súa receita para comprender o proceso de cálculo de volumes. 
Trabállase as fórmulas matemáticas, os elementos das figuras que interveñen no cálculo e as unidades para os seguintes corpos xeométricos: prisma triangular, prisma pentagonal, prisma hexagonal, pirámide cuadrangular, cono, cilindro e esfera.