Física e Química 2ºESO: OD6. Repaso ODs 1, 2 e 5

Visto: 0 veces
2021-01-13

Conxunto de 25 ODs de Física e Química de 2º ESO relacionados con contidos de matemáticas e bioloxía do mesmo curso, con actividades en galego e inglés e sobre mulleres científicas.

 

OD6. Repaso das ODs 1, 2 e 5

Nesta unidade repasamos e ampliaremos exercicios de física e matemáticas das unidades: “Método científico”, “De que está feita a materia”, e “Os estados da materia”.

Máquinas e proxectos técnicos

Visto: 0 veces
2014-09-30

Unidade didáctica 6 para o módulo 4 do ámbito científico-tecnolóxico da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.
Esta unidade aborda o que, en síntese, podemos definir como procedemento tecnolóxico, é dicir, os coñecementos relacionados co deseño, a construción, o uso e a organización produtiva de obxectos de consumo. A súa amplitude e a necesidade de sintetizar temas tan dispares obriga a dividir a unidade en dúas partes: unha sobre máquinas e mecanismos e outra sobre os procesos de produción.