Máquinas e proxectos técnicos
Unidade didáctica 6 para o módulo 4 do ámbito científico-tecnolóxico da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.
Esta unidade aborda o que, en síntese, podemos definir como procedemento tecnolóxico, é dicir, os coñecementos relacionados co deseño, a construción, o uso e a organización produtiva de obxectos de consumo. A súa amplitude e a necesidade de sintetizar temas tan dispares obriga a dividir a unidade en dúas partes: unha sobre máquinas e mecanismos e outra sobre os procesos de produción.
Ámbito Científico-Tecnolóxico