Enerxía nuclear. Visita á central nuclear

Visto: 0 veces
2022-11-14

Materia: Física e Química

Descrición: Contido baseado en dinámicas de Scape Room no que o alumnado terá que resolver enigmas e retos para conseguir saír da central nuclear (PWR) evacuada na que se perdeu.
A través da experimentación, o alumnado comprenderá o proceso de xeración e distribución da enerxía dunha central a unha cidade, segundo a súa necesidade enerxética, e adquirirá ou repasará os coñecementos necesarios para enfrontarse ao reto final: manexar os cadros de control da central nuclear e salvar á cidade do desastre.

Pasaporte emocional. Viaxe emocionante (ESO)

Visto: 0 veces
2022-11-14

Materia: Benestar emocional na aula

Descrición: Contido dinámico e interactivo que permite ao alumnado traballar distintas competencias emocionais, intrapersoais e sociais a partir dunha viaxe a distintos escenarios reais nos que irá superando retos. ​Emprégase a arte, a historia e a narrativa para profundar no traballo introspectivo do alumnado, así como para fomentar debate e pensamento crítico.

Tipo de recursos:

Péndulo de Galileo. Laboratorio de experimentación de Galileo

Visto: 0 veces
2022-11-11

Materia: Física e Química

Descrición: Laboratorios virtuais manipulativos que permiten ao alumnado experimentar con diversas variables do péndulo (ángulo, extensión do fío, gravidade e masa) para demostrar os factores que dependen do período do péndulo, empregando o método científico e seguindo a figura de Galileo Galilei, de quen se presentan a súa vida e a súa obra en vídeos animados.

Tipo de recursos: 

Química Manipulativa. Elementos e compostos

Visto: 0 veces
2022-11-11

Materia: Física e Química

Descrición: Laboratorio virtual manipulativo para a composición e identificación de elementos e compostos químicos. O alumnado traballará con fichas 3D para representar os distintos elementos e compostos e irá completando a súa táboa periódica, dende onde poderá aprender sobre as características, os usos e aplicacións e as curiosidades de cada elemento.

Tipo de recursos: 

  • Laboratorio virtual

Número de sesións estimadas: 1.

Physics and Chemistry 2 ESO - Resources (UD6-UD10)

Visto: 0 veces
2022-06-22

Os materiais dixitais que compoñen esta proposta, distribuídos en 10 unidades didácticas, pretenden constituír un apoio ó ensino e aprendizaxe da Física e Química de 2º de ESO en aula bilingüe (en inglés), seguindo unha metodoloxïa CLIL.

 

Physics and Chemistry 2 ESO - Resources (UD1-UD5)

Visto: 0 veces
2022-06-22

Os materiais dixitais que compoñen esta proposta, distribuídos en 10 unidades didácticas, pretenden constituír un apoio ó ensino e aprendizaxe da Física e Química de 2º de ESO en aula bilingüe (en inglés), seguindo unha metodoloxïa CLIL.

 

Club de ciencia

Visto: 0 veces
2021-05-21

É un espazo creado para garantir a actividade do Club de Ciencia do CPI O Cruce en situación de confinamento e aproveitar as posibilidades que nos abre este contexto de traballo propoñendo experimentos e proxectos de investigación que se poden facer na casa, visitas virtuais a museos, actividades colaborativas en liña do ámbito STEM

Física e Química 2ºESO: OD24. Repaso ODs 18, 22 e 23

Visto: 0 veces
2021-01-14

Conxunto de 25 ODs de Física e Química de 2º ESO relacionados con contidos de matemáticas e bioloxía do mesmo curso, con actividades en galego e inglés e sobre mulleres científicas.
 

Repaso das unidades 18, 22 e 23.

Exercicios de repaso e ampliación das unidades “Enerxías”, “A luz” e “A fotosíntese”.