Queres implicArte?

Visto: 0 veces
2025-08-28

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 1  elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Educación Plástica e Visual de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

Esta situación de aprendizaxe propón un reto que consiste na creación dun cartel conmemorativo do día para a eliminación da violencia contra a muller.  O alumnado empregará os elementos básicos da linguaxe visual e plástica, os principios básicos de composición e transmitirá unha mensaxe contra a violencia mediante unha composición plástica.

ruArte

Visto: 0 veces
2025-08-28

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 2 elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Educación Plástica e Visual de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

Este REA plantexa unha situación de aprendizaxe que ten por obxectivo aplicar melloras para as zonas deterioradas da vila, realizando pequenas intervencións artísticas sobre o espazo urbano que rodea ao alumnado.

O cómic para expresArte

Visto: 0 veces
2025-08-28

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4 elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Educación Plástica e Visual de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

Este REA plantexa unha situación de aprendizaxe que ten por obxectivo elaborar un libro dixital de cómics baseados en contos e lendas da tradición oral galega para axudar a que esta non se perda co tempo. Empregaránse contidos da linguaxe audiovisual, en especial do cómic e a fotografía.

Pasaporte emocional. Encerado (debuxo libre)

Visto: 0 veces
2024-04-17

Materia: Benestar emocional na aula

Descrición: Encerado que conta con numerosas ferramentas para debuxar: figuras xeométricas, liñas, frechas, pincel, cadro de texto, inserción de imaxes, goma de borrar etc. O alumnado poderá personalizar o panel de debuxo cambiando a cor de fondo, modificando o formato dos elementos seleccionados e desprazándoos ao lugar de preferencia para realizar composicións creativas, esquemas ou mapas conceptuais.

Tipo de recursos:

Pasaporte emocional. Diario de viaxe

Visto: 0 veces
2024-04-17

Materia: Inglés

Descrición: Contido interactivo que permite ao alumnado crear o seu propio diario de viaxe rexistrando as súas experiencias nas distintas paradas da iniciativa Pasaporte emocional. A narrativa dunha viaxe emocionante e a creación dinámica do diario, que recolle as preferencias de cada persoa no seu deseño (cor, fotografías etc.), motivan ao alumnado a anotar un breve resumo co que se queda de cada destino, contribuíndo así á asimilación do coñecemento adquirido e a súa expresión escrita.  

Pasaporte emocional. Toronto

Visto: 0 veces
2024-04-17

Materia: Benestar emocional na aula

Descrición: Contido dinámico e interactivo que ten como finalidade mellorar as competencias sociais fomentando a convivencia a partir dunha viaxe a Toronto. O alumnado deberá xestionar unha serie de situacións empregando a escoita activa e a asertividade.

Tipo de recursos:

  • Actividades interactivas.

Número de sesións estimadas: de 2 a 3, dependendo da profundidade coa que se queira traballar.

Aclaracións

Pasaporte emocional. Grecia

Visto: 0 veces
2024-04-17

Materia: Benestar emocional na aula

Descrición: Contido dinámico e interactivo que ten como finalidade aprender a xestionar as emocións propias de xeito que os factores externos non impidan acadar a estabilidade emocional a partir dunha viaxe a Grecia. Para conseguir a autonomía emocional, traballarase na autoimaxe, na autoestima, no autoconcepto e na autoeficacia.

Tipo de recursos:

Pasaporte emocional. Ourense

Visto: 0 veces
2024-04-17

Materia: Benestar emocional na aula

Descrición: Contido dinámico e interactivo que ten como finalidade aprender a regularse emocionalmente a partir dunha viaxe a Ourense na que o alumnado deberá xestionar emocións como o medo, a tristeza e a ira.

Tipo de recursos:

  • Actividades interactivas.
  • Escenarios interactivos.

Número de sesións estimadas: de 2 a 3, dependendo da profundidade coa que se queira traballar.

Aclaracións

Autocoidado emocional. Sorteo de autoagasallos

Visto: 0 veces
2024-03-27

Materia: Benestar emocional na aula

Descrición: Pílula interactiva que promove a adquisición de rutinas de autocoidado entre o alumnado a través dunha dinámica na que cada estudante elaborará unha lista propia de pequenos regalos que facerse no día a día. Posteriormente e durante unha semana, o alumnado entrará no contido para atopar un regalo diferente e aleatorio da súa lista que terá que desfrutar ao longo do día.

Tipo de recursos: