El infinito viajar - Descrifrando los grandes temas de la cultura

Visto: 0 veces
2024-02-05

As oito ODE que forman o proxecto son unha serie de materiais didácticos para Lingua Castelá e Literatura, estruturados e planificados para o 4º ano da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Cada ODE está estruturado arredor dun tema, que serve de eixo condutor de todas as actividades didácticas. No tocante ao bloque de Educación Literaria, este afástase da tradicional orde cronolóxica e perspectiva nacional para entroncar directamente coa disciplina da Literatura Comparada, en particular, con postulados tematolóxicos e transnacionais.

Taller de vistas. Debuxa as vistas das figuras. Nivel avanzado

Visto: 0 veces
2024-01-31

Descrición: Contido manipulativo no que o alumnado poderá observar figuras en 3D e representar as súas vistas principais (alzado, planta, perfil dereito e perfil esquerdo). O laboratorio permitirá debuxar liñas sólidas ou punteadas de forma sinxela e dinámica, e incluirá numerosas figuras en orde ascendente de dificultade. Esta iniciativa está formada por tres contidos, cada un correspóndese cun nivel de complexidade: básico, intermedio e avanzando.   

Taller de vistas. Debuxa as vistas das figuras. Nivel intermedio

Visto: 0 veces
2024-01-31

Descrición: Contido manipulativo no que o alumnado poderá observar figuras en 3D e representar as súas vistas principais (alzado, planta, perfil dereito e perfil esquerdo). O laboratorio permitirá debuxar liñas sólidas ou punteadas de forma sinxela e dinámica, e incluirá numerosas figuras en orde ascendente de dificultade. Esta iniciativa está formada por tres contidos, cada un correspóndese cun nivel de complexidade: básico, intermedio e avanzando.   

Taller de vistas. Debuxa as vistas das figuras. Nivel Básico

Visto: 0 veces
2024-01-30

Descrición: Contido manipulativo no que o alumnado poderá observar figuras en 3D e representar as súas vistas principais (alzado, planta, perfil dereito e perfil esquerdo). O laboratorio permitirá debuxar liñas sólidas ou punteadas de forma sinxela e dinámica, e incluirá numerosas figuras en orde ascendente de dificultade.​ Esta iniciativa está formada por tres contidos, cada un correspóndese cun nivel de complexidade: básico, intermedio e avanzando.  

Tipo de recurso: 

Introdución á IA. Respóndelle a UX1A

Visto: 0 veces
2024-01-25

Descrición: Vídeo interactivo, baseado na entrevista coral ás expertas en IA Verónica Bolón, Sara Guerreiro e Minia Manteiga, no que o alumnado irá afianzando os seus coñecementos sobre cuestións esenciais sobre a Intelixencia Artificial a través de sinxelas preguntas ao final de cada bloque temático.

Este contido complementa ao de "As entrevistas de UX1A", que incorpora o vídeo lineal (sen preguntas) das expertas con todos os controis habilitados (avance, retroceso, pause, subtítulos etc.) e os vídeos individuais de cada unha delas.

Misión Sistema Solar. Os planetas (Visión holográfica)

Visto: 0 veces
2023-07-14

Materia: Ciencias Sociais

Descrición: Contido audiovisual e interactivo baseado en hologramas que permite a visualización en 3D dos planetas, da súa correspondente rotación e do seu xiro sobre o seu propio eixe. Acompáñase dunha guía para a creación manual da pirámide holográfica que permite a proxección dos hologramas. Esta pirámide pódese realizar de forma sinxela con elementos reciclados. 

Tipo de recursos: 

  • Visor holográfico.

Número de sesións estimadas: 1.

Química Manipulativa. Reaccións químicas

Visto: 0 veces
2023-06-06

Materia: Física e Química

Descrición: Laboratorio virtual manipulativo para a representación e o axuste de reaccións químicas. O alumnado traballará con fichas 3D para representar os reactivos e os produtos e irá axustando a ecuación que se presenta. Construirá, coas pezas correspondentes a cada elemento químico, torres, tendo en conta que debe haber o mesmo número de fichas en ambas partes da reacción.

Tipo de recursos:

  • Laboratorio virtual

Número de sesións estimadas: 1.