Glosario
Recurso estilístico
Definición:
Técnica para embelecer a linguaxe.
Exemplo:
Tes os dentes como perlas é un recurso estilístico.
Definición:
Técnica para embelecer a linguaxe.
Exemplo:
Tes os dentes como perlas é un recurso estilístico.

Os recursos estilísticos son as ferramentas coas que a lingua pinta, compón e crea.
Igual que un pintor mestura cores para dar vida ao lenzo, ou un músico combina sons e silencios para espertar emocións, quen escribe xoga coas palabras para transformalas en algo máis ca simples sinais.
Grazas ás metáforas, ás comparacións, ás personificacións ou ás aliteracións, a linguaxe abre portas a mundos novos, engade luz onde había só significado e converte unha frase corrente nun pequeno cadro ou nun fragmento de música. Son, en definitiva, os pinceis e as notas que fan que a expresión escrita respire, brille e conmova.
Os recursos estilísticos serven para xogar coas palabras.
Grazas ás metáforas, ás comparacións, ás personificacións ou ás aliteracións, a linguaxe faise máis fermosa para converterse en literatura.
{"id":"bce16097-b389-4aab-83dc-08697546b0b9","title":"recurso estilístico","mindmap":{"root":{"id":"94f9c4b4-a777-49c2-8826-8d3a6faf05d2","parentId":null,"text":{"caption":"recurso estilístico","font":{"style":"normal","weight":"bold","decoration":"none","size":20,"color":"#000000"}},"offset":{"x":0,"y":0},"foldChildren":false,"branchColor":"#ab359b","children":[{"id":"22de5fd0-abc4-41d9-8f07-10140091aef1","parentId":"94f9c4b4-a777-49c2-8826-8d3a6faf05d2","text":{"caption":"metáfora","font":{"style":"normal","weight":"bold","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":63.933349609375,"y":-151.58331298828125},"foldChildren":false,"branchColor":"#de18df","children":[{"id":"ce2f8229-320a-4642-ac83-da0c1b1c4621","parentId":"22de5fd0-abc4-41d9-8f07-10140091aef1","text":{"caption":"Exemplo: Os teus ollos son estrelas.","font":{"style":"italic","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":-256.66668701171875,"y":-74.20002746582031},"foldChildren":false,"branchColor":"#de18df","children":[]},{"id":"54682f75-e6ba-4c17-8899-52c5c4d5ff2c","parentId":"22de5fd0-abc4-41d9-8f07-10140091aef1","text":{"caption":"Definición: identificación entre dúas palabras con características semellantes.","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":-321.86669921875,"y":-196.183349609375},"foldChildren":false,"branchColor":"#de18df","children":[]}]},{"id":"de0e217a-a3a6-4148-abda-a82daacb0b15","parentId":"94f9c4b4-a777-49c2-8826-8d3a6faf05d2","text":{"caption":"comparación","font":{"style":"normal","weight":"bold","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":-205.39998372395834,"y":-108.57777913411458},"foldChildren":false,"branchColor":"#1bd019","children":[{"id":"e37b1b60-be9d-4435-a9b0-410c1a4116c6","parentId":"de0e217a-a3a6-4148-abda-a82daacb0b15","text":{"caption":"Definición: relación entre dous termos.","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":-175.2,"y":-78.6},"foldChildren":false,"branchColor":"#1bd019","children":[]},{"id":"a797b150-3ed9-40bf-a253-8cb3dbd2e03b","parentId":"de0e217a-a3a6-4148-abda-a82daacb0b15","text":{"caption":"Exemplo: os teus ollos como estrelas.","font":{"style":"italic","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":-211,"y":5},"foldChildren":false,"branchColor":"#1bd019","children":[]}]},{"id":"fdb5f8c4-1ab6-47c7-8b22-da93aee574c8","parentId":"94f9c4b4-a777-49c2-8826-8d3a6faf05d2","text":{"caption":"personificación","font":{"style":"normal","weight":"bold","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":-175.433349609375,"y":61.622233072916664},"foldChildren":false,"branchColor":"#da7a62","children":[{"id":"0b23b6ba-bc80-4f8d-a817-a5781c6666f2","parentId":"fdb5f8c4-1ab6-47c7-8b22-da93aee574c8","text":{"caption":"Definición: atribución de características humanas a animais ou obxectos.","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":-174.63330078125,"y":-93.56668090820312},"foldChildren":false,"branchColor":"#da7a62","children":[]},{"id":"233b9844-bfda-48fb-9f9d-3a3205fdda13","parentId":"fdb5f8c4-1ab6-47c7-8b22-da93aee574c8","text":{"caption":"Exemplo: o vento cantaba a nosa canción.","font":{"style":"italic","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":-157.62223307291666,"y":59},"foldChildren":false,"branchColor":"#da7a62","children":[]}]},{"id":"996dc700-02ea-47bd-9631-2c06dbcc5a20","parentId":"94f9c4b4-a777-49c2-8826-8d3a6faf05d2","text":{"caption":"hipérbole","font":{"style":"normal","weight":"bold","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":115.0999755859375,"y":79.08331298828125},"foldChildren":false,"branchColor":"#e3ce10","children":[{"id":"c68ac29c-5d50-4c7e-bf92-6ab3a72f57f4","parentId":"996dc700-02ea-47bd-9631-2c06dbcc5a20","text":{"caption":"Definición: esaxeración da realidade.","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":82.7000732421875,"y":-79},"foldChildren":false,"branchColor":"#e3ce10","children":[]},{"id":"069e3b33-f76c-4374-970e-5599f0fcc539","parentId":"996dc700-02ea-47bd-9631-2c06dbcc5a20","text":{"caption":"Exemplo: un mar de bágoas.","font":{"style":"italic","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":107.022216796875,"y":25.333333333333332},"foldChildren":false,"branchColor":"#e3ce10","children":[]}]},{"id":"06f0dfe2-d9e4-422c-8191-e9328caea896","parentId":"94f9c4b4-a777-49c2-8826-8d3a6faf05d2","text":{"caption":"anáfora","font":{"style":"normal","weight":"bold","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":8,"y":212},"foldChildren":false,"branchColor":"#92eda4","children":[{"id":"a5340272-9d6c-4b76-ba0e-9ebb8e9fcae7","parentId":"06f0dfe2-d9e4-422c-8191-e9328caea896","text":{"caption":"Definición: repetición de unha ou máis palabras ao principio de cada verso.","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":77.22224934895833,"y":-48.666666666666664},"foldChildren":false,"branchColor":"#92eda4","children":[]},{"id":"16871840-60d9-409b-955b-5a6dcbd836dd","parentId":"06f0dfe2-d9e4-422c-8191-e9328caea896","text":{"caption":"Exemplo: antes comía todo. antes pedía todo.","font":{"style":"italic","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":88.22224934895833,"y":55},"foldChildren":false,"branchColor":"#92eda4","children":[]}]}]}},"dates":{"created":1765704227748,"modified":1766919021748},"dimensions":{"x":4000,"y":2000},"autosave":false}
Aquí tes unha páxina onde atoparás exemplos, exercicios e explicacións de diferentes figuras retóricas. Atréveste a saber máis?
Sabela quedou abraiada co libro de Anxo Iglesias. Agora escoita o texto da contraportada. Anxo Iglesias, Tacón, punta, tacón (2025) Editorial Xerais. Colección Merlín. ISBN 978-84-1110-651-1.
Procura recursos propios da poesía. Que sensacións che transmiten?
Este libro non é un conto.
Nin tampouco unha adiviña.
Ten poemas, non o nego...
e nalgúns ata unha rima!
É probable que me digas
que o seu título é ben raro.
Non foi fácil decidilo...
levoume máis dun ano!
Podes facer a pregunta:
que me espera no interior?
Un pouco de piragüismo...
e tamén un locutor!
E cabalo ao galope,
e batallas de palabras,
e filloas e aturuxos...
e moitas mulleres bravas!
Dirás: non entendo nada!
Non importa, que máis dá?
Ao final ti saberás
de que estamos a falar...
Malo será, dígocho eu!
Anxo Iglesias, Tacón, punta, tacón (2025) Editorial Xerais. Colección Merlín. ISBN: 978-84-1110-651-1
A poesía e a música van da man. Escoita atentamente estas propostas:
Escolle un poema que che guste e fai un recitado co ritmo que máis se axeite.
Cando o teñas grávate. Poderá ser unha das escollidas para o reto final!
Le o seguinte fragmento dun dos máis famosos poemas de Rosalía de Castro.
Adiós ríos, adiós fontes,
adiós regatos pequenos;
adiós, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
Rosalía de Castro, Cantares gallegos (1863)
Esta avaliación estás a ler un libro de poemas, un poemario. Que grande aventura!
Escolle un dos poemas.
Cópiao no caderno.
Busca outros dous recursos.
Atopa as palabras ocultas.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0