Que fixeches ata chegar aquí?
A experiencia dun directo é brutal, non si? Tras os nervios do inicio comeza todo a fluír. E cando te dás conta xa acabou todo. É momento de reflexionar, ver cara atrás todo o traballo feito, os problemas, as veces que refixeches as cousas, o que saíu ben, o que saíu mal e o que puido ser un desastre e non o foi. Pensa en todo o que aprendiches, o que repasaches...
O traballo en equipo tamén foi fundamental. Tamén deberás analizalo.
Pero agora repasa todo o que viches neste REA. Repasaches contidos que xa coñecías e aprendiches cousas novas. Acentuación, puntuación, a lusofonía, a lírica coa métrica e a rima e os recursos estilísticos, a cohesión nos textos, as descricións, os adverbios, as interxeccións... E todo iso levoute a crear un programa! Parabéns polo traballo.

Lectura facilitada
Facer un programa en directo é unha grande experiencia.
Ao principio hai nervios, pero logo todo vai mellor.
Cando te decatas, xa rematou.
Agora é o momento de pensar no traballo feito.
Pensa no que saíu ben e no que saíu mal.
Pensa nos erros e no que tivestes que repetir.
Seguro que aprendiches moito.
O traballo en equipo foi moi importante.
Tamén debes reflexionar sobre iso.
Neste REA repasaches cousas que xa sabías.
Tamén aprendiches cousas novas:
acentuación, puntuación, lusofonía,
poesía, rima e métrica,
descricións, adverbios e interxeccións.
Con todo iso creaches un programa.
Parabéns polo traballo feito!
Audio
Isto fixen!
Repasei:
- As regras básicas da acentuación.
- A grafía portuguesa e a grafía galega.
- A coherencia.
- Os signos de puntuación.
- A descrición.
Aprendín:
- A métrica e a rima.
- Os recursos estilísticos.
- Os subxéneros.
- Os adverbios.
- As conxuncións.
Rematamos? Pasiño a pasiño...