Saltar navegación

4.2. Está ben?

Fallamos na emisión?

Aquí está a rúbrica de avaliación do reto. Nela tedes as pistas necesarias para saber como o fixestes. Se as ledes con atención e vos axustades a todos os requisitos que se solicitan, acadaredes o Micro de ouro. Veña, estamos no aire!

Rúbrica para avaliar o programa literario.
 4 Micro de ouro3 Boa transmisión2 Sinal débil1 Fallo de emisión
Calidade dos contidosOs contidos están moi ben relacionados co traballo feito na clase. Están moi ben escollidas as mellores tarefas. (2)Os contidos están relacionados co traballo feito na clase pero as tarefas escollidas non son as mellores. (1.5)Os contidos están relacionados co traballo feito na clase pero as tarefas están mal escollidas. (1)Os contidos están relacionados co traballo feito na clase pero non se escolleron as tarefas. (0.5)
Variedade e organización das secciónsO programa ten as seccións ben organizadas e diferenciadas (microconcurso, descricións, poemas...). (2)O programa ten as seccións claras, aínda que algunha podería mellorarse. (1.5)Non están todas as seccións ou están pouco diferenciadas. (1)Non hai organización nin seccións claras. (0.5)
Expresión oral e uso da linguaA expresión oral é clara, fluída e correcta; vocaliza ben e usa un vocabulario axeitado. (2)A expresión é bastante clara e ten pequenos erros. (1.5)A expresión é pouco clara e ten bastantes erros. (1)A expresión é moi deficiente ou difícil de entender. (0.5)
Creatividade e interese do programaO programa é moi creativo, orixinal e mantén o interese do público. (2)O programa resulta interesante, aínda que pouco orixinal. (1.5)O programa é pouco creativo e custa manter o interese. (1)O programa non resultou nin interesante nin creativo. (0.5)
Traballo en equipo e participaciónTodos os membros participaron activamente nas diferentes seccións do programa. (2)A maioría dos membros participou activamente. (1.5)Só parte do equipo traballou de forma activa. (1)Só unha persoa participou de forma activa. (0.5)

Elaboración propia (proxecto cREAgal). Rúbrica para avaliar o programa literario. (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa.Por fin! Chegamos ao final do reto.

É hora de valorar o traballo e reflexionar sobre como foi o proceso.

Gustouche a tarefa que che tocou? Foi máis difícil do que parecía nun primeiro momento?

Despois de todo o proceso, terías escollido outra función dentro do programa?

Abre o teu diario de aprendizaxe e completa as preguntas que aparecen na fase 4.

Lectura facilitada

Chegamos ao final do reto.

Agora toca pensar no traballo feito.

• Gustouche a tarefa que fixeches?
• Foi difícil ou fácil?
• Escollerías outra tarefa no programa?

Abre o teu diario de aprendizaxe.
Responde as preguntas da fase 4.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)