Moi bo traballo!
O traballo é equipo. Require dun esforzo diferente a cando traballamos de forma individual. As persoas somos diferentes e temos distintos puntos de vista, ideas, formas de traballar... Ás veces é fácil e ás veces complicado. Pero sempre se aprende moito porque compartir é abrir as posibilidades. Reflexiona. É o momento. Pensa no traballo do teu equipo, no que cada membro realizou e achegou ao reto final. E tamén no traballo dos demais grupos.
Escribe no teu caderno a túa reflexión sobre as persoas que mellor realizaron o traballo en equipo e por que o ves así. Ollo!, non se trata de escoller a persoa que mellor fixo o seu traballo, senón da persoa que mellor traballou en equipo. A que serviu para unir o grupo, soubo solucionar problemas que foron xurdindo, axudou a que outras persoas atopasen o seu camiño dentro do grupo...
Despois poñede en común as reflexións de toda a clase. Fíxate no que as persoas valoran máis nun compañeiro ou compañeira de equipo. Toma nota para os seguintes retos.
Lectura facilitada
O traballo en equipo é diferente ao traballo individual.
Cada persoa é distinta e pensa de xeito diferente.
Ás veces é fácil e outras veces complicado.
Pero sempre se aprende moito.
Agora é momento de reflexionar.
Pensa no traballo do teu equipo.
Pensa no que fixo cada persoa.
Pensa tamén no traballo dos outros grupos.
Escribe no caderno a túa reflexión.
Di que persoas traballaron mellor en equipo e por que.
Atención:
Non é a persoa que máis traballou,
senón a que mellor axudou ao grupo.
A que uniu, axudou e resolveu problemas.
Despois, compartide as reflexións na clase.
Fíxate no que máis se valora nun bo compañeiro.
Gárdao para os próximos retos.