E se puideses dar os primeiros pasos na intelixencia artificial de forma sinxela e divertida? Pois aquí está a oportunidade! Non necesitas experiencia previa, só ganas de explorar e aprender.
A intelixencia artificial está en todas partes: dende recomendacións de películas ata aplicacións que melloran imaxes ou traducen idiomas. O mellor? Podes empezar a crear os teus propios proxectos con ferramentas accesibles e prácticas.
Vas descubrir como funcionan os cadernos de programación, onde escribir código será máis visual e intuitivo. Xogar con millóns de datos , organizando información como fan as enxeñeiras de datos. Modificar imaxes tal e como fan as aplicacións de edición máis avanzadas. Aprender os fundamentos da IA , creando modelos intelixentes que toman decisións.Todo isto usando as librerías da IA.
Aquí non vas estudar teoría interminable. Aprenderás facendo, experimentando e vendo resultados case sen darte conta. Paso a paso, cun enfoque práctico e entretido, comezarás a comprender estas ferramentas ata que se convertan en aliadas.
Prepara o teu caderno… O futuro empeza agora!
Que e como vas a aprender?
Que vas a aprender?
A través de este recurso e as súas actividades, aprenderás ...
-
A utilizar un caderno de programación.
-
A interactuar e usar as principais librerías creadas para a IA.
-
Como realizar a limpeza e procesamento previo dos datos nos proxectos de IA.
-
Os principais parámetros que definen o funcionamento de cada librería e o seu efecto na IA.
-
A visualizar e analizar os resultados dos proxectos de IA.
-
Como as máquinas aprenden , detectan patróns e fan predicións a través de diferentes métodos e librerías.
-
A adestrar o teu propio modelo de IA aplicándoo a problemas reais.
-
A reflexionar sobre o impacto da IA no mundo, aprendendo o mellor xeito de usala.
Como vas a aprender?
Para conseguir todo o anterior...
Atoparás actividades prácticas en cada apartado como:
- actividades de aprendizaxe dos conceptos básicos con:
- experimentación e proba de algoritmos con cada librería.
- proxectos guiados de deseño e proba de modelos de IA.
- actividades adicionais e opcionais para afianzar e ampliar.
- actividades reto para afondar e afianzar aprendizaxes con cada librería.
Por exemplo, analizarás por que un famoso gaña tanto, como predicir se vai chover, ensinaráslle a unha máquina a distinguir entre cans e gatos, probarás o funcionamento dunha rede neuronal e deseñarás outra. Estas actividades axudaranche a conectar os conceptos con aplicacións reais.
Traballarás combinando actividades individuais e grupais:
- Terás momentos de traballo individual e autónomo, nas actividades de aprendizaxe ou de ampliación
- Experimentación de algoritmos ou xeneración de modelos de IA en pequeno grupo ou parella
- Realizarás os retos de cada librería en pequeno grupo ou parella, para despós poñelo en común en gran grupo
Temporalización: As actividades que deberás realizar terán unha duración de entre 20 min e 120 min dependendo da complexidade
- as actividades de aprendizaxe sobre conceptos básicos 20 min cada unha
- a experimentación de algoritmos 30 min cada un
- o reto final, 50 min salvo o 12 que será de 120 min
Que e como se che vai a avaliar?
O proceso de avaliación incluirá...
Durante as actividades, irás comprobando o teu avance a medida que soluciones problemas e retos.
Autoavaliación: Poderás comprobar o teu avance, coa resolución das actividades de aprendizaxe e adicionais, e nos retos, coas rúbricas que usará o profesorado , isto axudarache a comprobar se estás alcanzando os obxectivos
Avaliación do profesorado:
- Durante o proceso: avaliará o progreso mediante as rúbricas , e realizará a retroalimentación
- Ó finalizar o ODE cualificará os retos 1,2,3,4,5 30% os retos 6,7,8,9,10 50% e retos 11,12 20%.