Saltar navegación

GoogleColab

ColabÉ un caderno de programación na nube que ofrece unha gran vantaxe: usa servidores de Google, o que significa que podes executar código de IA sen preocuparte polo rendemento do teu computador. Ademais: Non necesitas instalar nada, funciona directamente no navegador.  Permite usar GPUs e TPUs, que aceleran o procesamento de IA.  Ofrece integración con Google Drive, para gardar o traballo facilmente.  É gratuíto (cunha opción Pro para usos avanzados).

Primeiros pasos con Colab

Duración:
50 min
Agrupamento:
Individual

No seguinte apartado indícanse as instrucións para empezar a traballar con Google Colab.

Segue as instrucións e realiza as tarefas para instalar e probar Google Colab

🛠️Uso básico de Colab

Instalación e primeiro acceso a Google Colab

Paso 1: Asegúrate de ter unha conta de Gmail activa

Paso 2: En Drive ⇒ +Nuevo⇒Máis ⇒ +Conectar mais aplicacións ⇒ Buscar ⇒ Colaboratory⇒ Instalar

Instalación de Colab
Creación propia. Instalación de Colab (CC BY-SA)

Paso 3: Preme en +Nuevo⇒Máis ⇒ Google Colaboratory para crear un novo caderno de programación.

Crear novo caderno Colab
Creación propia. Crear novo caderno Colab (CC BY-SA)

Accede a Colab e crea un novo caderno, chámalle OlaMundo.ipynb.

Explorando a interface de Google Colab

Colab ten unha barra de ferramentas principal con opcións clave:

  • Arquivo: Para abrir, gardar ou importar documentos de Google Drive.
  • Editar: Permite copiar, cortar e pegar código.
  • Vista: Configuracións de pantalla e tema escuro/claro.
  • Executar: Para lanzar o código escrito nas celdas.
  • Ferramentas: Configuración avanzada, opción para cambiar de idioma.

Explora os menús.

Conexión e execución

Conexión e execución
Creación propia. Conexión e execución (CC BY-SA)
  • No caderno que creaches, engade unha cela de código e escribe nela: print("Benvido a Google Colab!")
  • Na esquina superior dereita, dalle a conectar, isto conectará cun servidor de google, que será o que traballe para tí
  • Dalle ó triángulo á esquerda da celda e executa o código
  • Aparece inmediatamente a celda de resultado ou execución do teu código