Saltar navegación

Reforzo e consolidación 1

Elixe a resposta correcta.

Pregunta

Que compoñente da urina se analiza para detectar diabetes?

Respostas

Creatinina. 

Glicosa

Leucocitos

Eritrocitos

Retroalimentación

Pregunta

Se aparecen bacterias na urina, que proba adicional se recomenda?

Respostas

Cultivo

Biopsia renal.

Ecografía.

TAC abdominal

Retroalimentación

Pregunta

Como pode afectar tomar diuréticos aos resultados dunha análise de urina?

Respostas

Eliminando bacterias do sistema urinario. 

Facendo a urina mais alcalina, é decir, o seu pH será mais alto. 

Aumentando a eliminación de sodio e potasio. 

Reducindo os valores de sodio. 

Retroalimentación

Pregunta

Se unha análise detecta leucocitos na urina, que pode significar?

Respostas

Que a persoa está ben hidratada

 Que hai unha posible infección urinaria

Que a dieta é baixa en proteínas

Que hai exceso de glicosa

Retroalimentación

Pregunta

A densidade da urina serve para avaliar:

Respostas

O funcionamento dos pulmóns

O nivel de bacterias presentes

O nivel de hidratación e función renal

A cantidade de proteínas no sangue

Retroalimentación

Pregunta

 A análise de urina de 24 horas serve para:

Respostas

Avaliar como funcionan os riles ao longo do día.

Detectar bacterias na vexiga.

Verificar se hai infeccións urinarias

Analizar a cor da urina ao longo do día

Retroalimentación

Exercicios de consolidación

Responde ás seguintes cuestións

Elaboración propia coa ferramenta Narakeet. Transcrición de texto a audio dos exercicios (CC BY-SA)

Cuestión 1. Se unha persoa está moi deshidratada, como pode afectar iso á súa análise de urina?

Cuestión 2. Se un médico sospeita que unha persoa pode ter diabetes, que compoñente analizaría na urina e por que?

Cuestión 3. Que fariamos se unha análise de urina amosa a presenza de bacterias? Que probas adicionais podería solicitar o doutor/doutora?

Cuestión 4. Como podería cambiar a urina dunha persoa que fai moito exercicio físico todos os días?

Cuestión 5. Un paciente recibe os seus resultados e ve que a súa urina ten niveis moi baixos de sodio. 

Cuestión 6. Que hábitos saudables axudarían a manter unha boa saúde urinaria e evitar problemas detectables na análise de urina?

Cuestión 7. Por que é importante recoller a mostra de urina pola mañá en moitas análises?

Cuestión 8. Se unha persoa segue unha dieta moi alta en carne e proteínas, como pode cambiar a súa análise de urina?

 Cuestión 9. Como pode influír o ciclo menstrual nos resultados dunha análise de urina en mulleres?

Feito con eXeLearning (Nova xanela)