Saltar navegación

Coñecementos previos

Coñecementos previos

Imaxe dun icono para coñecementos previos

Resolve este cuestionario para identificar o nivel de coñecementos previos.

Tamén pode servirche para revisar e reforzar conceptos importantes antes de adentrarse nos temas desta sección.

Exercicio. Cuestionario para consolidar os coñecementos previos.

Pregunta

Sobre as análises clínicas de sangue e ouriños, indica cal é a resposta correcta:

Respostas

 As análises de sangue só serven para medir os niveis de glicosa.

A análise de ouriños permite detectar enfermidades como infeccións urinarias ou problemas renais.

As análises clínicas non teñen importancia no diagnóstico médico.

Pregunta

As células do sangue divídense en:

Respostas

Glóbulos vermellos, glóbulos brancos e plaquetas.

Eritrocitos, hepatocitos e neuronas.

Leucocitos, melanocitos e adipocitos.

Pregunta

Que parte do corpo humano se encarga de defenderse de patóxenos como bacterias ou virus?

Respostas

O sistema dixestivo, a través da permeabilidade do intestino delgado. 

O sistema circulatorio, que permite transportar no sangue substancias a todas as células do corpo. 

O sistema nervioso, que se encarga de elaborar respostas ante os estímulos detectados, como a entrada dun microorganismo. 

O sistema inmunitario, actuando coas barreiras primarias e secundarias ante os patóxenos. 

Pregunta

O sistema urinario está formado por:

Respostas

Riles, uréteres, vexiga e uretra.

Estómago, intestino e páncreas.

Pulmóns, corazón e arterias.

Pregunta

A función principal dos glóbulos vermellos é:

Respostas

Defender o organismo fronte ás infeccións.

Transportar osíxeno polos tecidos.

Coagular o sangue cando hai unha ferida.

Pregunta

Cal é a función principal dos leucocitos (glóbulos brancos)?

Respostas

Transportar osíxeno a todas as células do corpo.

Defender o organismo contra infeccións e enfermidades.

Regular a temperatura corporal.

Pregunta

As plaquetas teñen un papel fundamental en:

Respostas

A coagulación do sangue e a reparación de feridas.

A eliminación de substancias de refugallo a través do ril.

A produción de hormonas no organismo.

Pregunta

Cando hai un déficit de glóbulos vermellos no sangue, pode producirse:

Respostas

Hipertensión arterial.

Anemia, que causa fatiga e debilidade.

Unha resposta alérxica.

Pregunta

Que acontece cando hai un número moi elevado de leucocitos no sangue?

Respostas

Pode indicar unha infección ou unha enfermidade como a leucemia.

Significa que hai unha falta de ferro no organismo.

Non ten ningunha consecuencia para a saúde.

Pregunta

Como se chama a proteína presente nos glóbulos vermellos que transporta o osíxeno?

Respostas

Insulina.

Adrenalina.

Hemoglobina.

Pregunta

A principal substancia de refugallo que eliminamos na urina é:

Respostas

Glicosa.

Hemoglobina.

Urea

Pregunta

En que parte dos riles se produce a filtración do sangue para formar a urina?

Respostas

Nos alvéolos pulmonares.

No páncreas.

Nos nefróns.

Pregunta

A urina fórmase nos:

Respostas

Riles, a partir da filtración do sangue.

Intestinos, a partir da dixestión dos alimentos.

Pulmóns, a partir do intercambio de gases.

Activar JavaScript

Feito con eXeLearning (Nova xanela)