Saltar navegación

Estación de traballo: ANÁLISE CLÍNICA

Estación de traballo 7: ANÁLISE CLÍNICA

Imaxe recreando un laboratorio de análise clínica

Dámosche a benvida á estación de traballo de análises clínicas!

Nesta estación, exploraremos como as análises de urina e de sangue nos axudan a comprender mellor o noso estado de saúde. Aprenderás para que serven estas probas, que información nos ofrecen e como poden axudar a detectar posibles enfermidades.

Descubriremos como interpretar algúns valores clave nas análises, desde a presenza de glóbulos vermellos e brancos ata a detección de substancias como a glucosa ou as proteínas. Tamén comprenderemos a importancia destas probas para a prevención e diagnóstico precoz de problemas de saúde.

Prepara a túa curiosidade científica para comprender mellor como funciona o noso corpo!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)