Saltar navegación

Reforzo e consolidación 2

Exercicios de reforzo e consolidación

Exercicio 1.  Coloca os seguintes pasos na orde correcta segundo a resposta inmunitaria:

a) A febre aumenta a temperatura corporal.
b) Os macrófagos e os neutrófilos fagocitan os patóxenos.
c) O fluxo sanguíneo aumenta na zona afectada, causando inflamación.
d) Os leucocitos chegan á zona da infección.


Exercicio 2. Indica se as afirmacións son correctas. Se son falsas, corríxeas.

As mucosas pertencen ás barreiras secundarias.
A febre facilita a multiplicación dos microorganismos.
A inflamación axuda a atraer células inmunitarias á zona afectada.
Os neutrófilos e os macrófagos destrúen patóxenos a través da fagocitose.


Exercicio 3. Asocia cada tipo de barreira co seu exemplo correspondente:

barreira física / barreira química / barreira biolóxica / fagocitose /  febre

  • Ácido do estómago
  • Pel
  • Microbiota intestinal
  • Macrófagos
  • Aumento da temperatura

Exercicio 4. A continuación, preséntanse varias afirmacións sobre os antíxenos e os anticorpos. Indica a que termo corresponde cada unha. 

____ Substancia allea ao organismo que pode desencadear unha resposta inmunitaria.
____ Proteína defensiva producida polos linfocitos B en resposta a unha infección.
____ Pode atoparse na superficie de virus, bacterias ou toxinas.
____ Encárgase de recoñecer e unirse especificamente a un patóxeno para neutralizalo.
____ Activa os glóbulos brancos para que respondan á infección.
____ Pode circular no sangue ou adherirse ás membranas mucosas para protexer o organismo.

Cuestionario de reforzo

Pregunta

Cal das seguintes opcións NON é unha barreira primaria do sistema inmunitario?

Respostas

A pel

A microbiota

Os anticorpos.

Pregunta

Que función teñen os cilios das vías respiratorias na defensa do organismo?

Respostas

Producir glóbulos brancos.

Atrapar e expulsar partículas e microorganismos.

Reducir a temperatura corporal.

Pregunta

Que sucede primeiro cando un microorganismo entra no corpo a través dunha ferida?

Respostas

Iníciase a inflamación da zona. 

Aparece febre inmediatamente.

Os linfocitos producen anticorpos.

Pregunta

Que células son as principais responsables da fagocitose?

Respostas

Macrófagos e neutrófilos.

Linfocitos T e B.

Eritrocitos e plaquetas.

Pregunta

Como axuda a febre na loita contra unha infección?

Respostas

Diminúe a produción de glóbulos brancos.

Ralentiza o crecemento dos microorganismos.

Aumenta a cantidade de patóxenos no corpo.

Pregunta

Cal das seguintes é unha función da inflamación?

Respostas

Evitar que os glóbulos brancos cheguen á zona infectada.

Favorecer a chegada de células defensivas ao lugar da infección.

Diminuír o fluxo sanguíneo para conter a infección.

Pregunta

Que barreira química axuda a destruír microorganismos no estómago?

Respostas

O ácido clorhídrico.

A melanina.

A hemoglobina.

Pregunta

Que órgano produce os glóbulos brancos que interveñen na resposta inmune?

Respostas

O fígado.

A medula ósea.

Os riles. 

Pregunta

Que característica diferencia a resposta inmunitaria inespecífica da específica?

Respostas

A inespecífica actúa rapidamente e de forma inespecífica.

A inespecífica produce anticorpos específicos

A inespecífica só se activa tras a primeira exposición ao patóxeno.

Pregunta

Como contribúe a microbiota á defensa do organismo?

Respostas

Producindo toxinas para eliminar os glóbulos brancos.

Competindo cos patóxenos polo espazo e os nutrientes.

Eliminando directamente os virus mediante fagocitose.

Activar JavaScript

Feito con eXeLearning (Nova xanela)