Ruth Bishop foi unha viróloga australiana que fixo un descubrimento fundamental para a medicina: identificou o rotavirus, o principal causante de diarrea grave en bebés e nenos pequenos. Antes do seu achado, moitos nenos en todo o mundo enfermaban gravemente e incluso morrían por deshidratación.
Nos anos 70, Ruth e o seu equipo analizaron mostras de pacientes e descubriron este virus descoñecido ata entón.
Grazas á súa paixón pola ciencia e á súa dedicación, Ruth Bishop conseguiu mellorar a saúde infantil en todo o mundo. O seu legado segue vivo en cada neno protexido contra o rotavirus.
Elaboración propia con Magic Canva IA. Ilustración da científica autraliana Ruth Bishop(Dominio público)
Nesta páxina web, adicada a visibilizar a labor das mulleres científicas, poderás atopar unha Biografía de Ruth Bishop.
Se o prefires, aquí tes un vídeo que explica cun pouco mais de detalle o seu labor científico.