Saltar navegación

Coñecementos previos

Coñecementos previos

Imaxe dun icono para coñecementos previos

Resolve este cuestionario para identificar o nivel de coñecementos previos.

Tamén pode servirche para revisar e reforzar conceptos importantes antes de adentrarse nos temas desta sección.

Exercicio. Cuestionario para consolidar os coñecementos previos.

Pregunta

As enfermidades autoinmunes ocorren cando:

Respostas

O sistema inmunitario ataca as células propias do organismo.

O corpo non produce suficientes anticorpos.

O sistema inmunitario queda totalmente inactivo.

O sistema inmunitario funciona de xeito automático.

Pregunta

As alerxias prodúcense porque

Respostas

O sistema inmunitario reacciona de xeito esaxerado ante sustancias inofensivas.

O corpo non recoñece os seus propios tecidos.

Os linfocitos B non producen anticorpos.

Os anticorpos prodúcense en menor cantidade respecto da necesaria.

Pregunta

Que é un medicamento inmunosupresor? 

Respostas

Unha substancia que estimula o sistema inmunitario.

Unha substancia que reduce a resposta inmunitaria.

Un tipo de linfocito ou glóbulo branco. 

Pregunta

Que papel teñen os linfocitos ou glóbulos brancos que viaxan a través do sangue? 

Respostas

Transportan osíxeno no sangue.

Coordinan a resposta inmunitaria.

Actúan como coagulantes cando temos unha ferida. 

Pregunta

Onde se atopan os ganglios linfáticos?

Respostas

No interior dos ósos.

Distribuídos por todo o corpo ao longo dos vasos linfáticos.

Soamente na zona do abdome. 

Pregunta

Que órgano almacena e filtra o sangue?

Respostas

O fígado. 

O bazo

O páncreas. 

Pregunta

Un exemplo de inmunodeficiencia é

Respostas

VIH / Sida

Artrite

Alerxia ao pole. 

Activar JavaScript

Feito con eXeLearning (Nova xanela)