Estación de traballo
![]() |
Dámosche a benvida á estación de traballo de inmunoloxía! Nesta estación, exploraremos o mundo do sistema inmunitario, a nosa defensa natural contra enfermidades e infeccións. Aprenderás a manexar o vocabulario científico esencial, como anticorpos, linfocitos e inmunosupresores, para comprender mellor como funciona esta rede complexa de protección. Descubrirás os tecidos, órganos e glándulas que forman parte deste sistema, desde o timo e o bazo ata os ganglios linfáticos e o apéndice. Analizarás as barreiras primarias e secundarias da inmunidade innata, así como os mecanismos da resposta inmune específica, tanto a nivel humoral (linfocitos B) como celular (linfocitos T). Ademais, exploraremos as principais enfermidades que afectan o sistema inmunitario, como as alerxias, as enfermidades autoinmunes e as inmunodeficiencias, entendendo como impactan na saúde e como podemos abordalas. Prepara a túa mente para descubrir como o noso corpo loita cada día contra as ameazas externas e internas. ¡Imos aló! |
