 |
Estación de traballo de INMUNOLOXÍA 1.
Os obxectivos didácticos desta estación de traballo son:
- Manexar e comprender vocabulario científico relacionado co sistema inmunitario: inmunosupresores, anticorpo, linfocitos, etc.
- Identificar os tecidos, órganos e glándulas do sistema inmunitario (timo, bazo, ganglios, apéndice, etc).
- Comprender e explicar as barreiras primarias e secundarias da inmunidade innata ou inespecífica.
- Comprender e explicar a resposta humoral ou específica a través dos linfocitos B.
- Comprender e explicar a resposta celular da inmunidade adquirida ou específica a través dos linfocitos T.
- Definir e diferenciar as principais enfermidades do sistema inmunitario (alerxia, enfermidades autoinmunes e inmunodeficiencia).
Os obxectivos didácticos de carácter transversal que se traballarán nesta estación de traballo son:
- Analizar información en diferentes formatos (táboas, gráficas, textos), seleccionar, comprender e extraer conclusións.
- Citar e usar de forma correcta as fontes de información.
- Valorar a contribución da ciencia á sociedade e o labor de persoas dedicadas a ela con independencia da súa etnia, sexo ou cultura, destacando e recoñecendo o papel das mulleres científicas.
|