A.B.C. Ampliación
Facendo informes
AMPLIAMOS DESDE A
Se traballaches a opción A e queres ampliar, podes ler os contidos e facer todas ou parte das actividades da opción B.
AMPLIAMOS DESDE B
Se traballaches a opción B e queres ampliar, podes ler os contidos e facer todas ou parte das actividades da opción C.
AMPLIAMOS DESDE C
Imos traballar nun proxecto de investigación xa finalizado, que tivo un importante impacto nos medios de comunicación, sobre a influencia da Lúa nos partos humanos. O proxecto foi deseñado e desenvolvido polos alumnos Pablo González e Adrián Ortega, no Instituto de Viana do Bolo, en Galicia. O traballo de ampliación consiste en revisar o proxecto e cubrir un documento que sistematice algúns aspectos importantes dun traballo de investigación.
Abaixo tedes un formulario para elaborar o informe da investigación, tamén dispoñible na biblioteca de investigación. Os espazos reservados para cada pregunta son orientativos e pódense modificar, pero para un informe executivo (resumo), con esa información é máis que suficiente. Ao rematar, enviade o informe ao profesor ou profesora polo canal establecido (aula virtual, correo electrónico, etc.).
Un resumo executivo é unha versión curta e clara dun traballo ou proxecto. A súa función principal é explicar as ideas máis importantes de maneira rápida e sinxela, para que calquera persoa que o lea poida entender o traballo sen necesidade de ler todo o documento completo. Catro palabras definen un resumo executivo: breve, claro, conciso e completo.
Ficheiros anexos
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Compartir igual 4.0