Saltar navegación

A.B.C. Ampliación

Xornal de ciencias

Luis Fernández López (CC BY-SA)

Imos partir dunha serie de entrevistas realizadas para vós a persoas de distintos países e campos de investigación, que compartirán parte da súa experiencia nunha serie que chamamos "Vivindo a Ciencia". Son vídeos curtos que narran a historia educativa e investigadora de persoas que, nalgún momento, estiveron coma vós en secundaria e sentiron atracción pola investigación. Son historias inspiradoras.

Tarefa

  1. En grupo ou en parellas, escollede unha das entrevistas.
  2. Redactade un artigo de xornal de carácter divulgativo, dirixido a estudantes de secundaria.
  3. Compartide os artigos co grupo, solicitando comentarios respectuosos e construtivos.

Que é un artigo científico de divulgación?

Un artigo de divulgación científica é un texto que explica un tema ou descubrimento científico ou, como no noso caso, a traxectoria científica dunha persoa,  de forma sinxela e accesible, dirixido a persoas que non teñen un coñecemento técnico ou especializado no tema. O obxectivo principal deste tipo de artigos é comunicar e achegar a ciencia ao público xeral, utilizando unha linguaxe clara, exemplos prácticos e metáforas que axuden a comprender conceptos complexos.

Estes artigos adoitan aparecer en revistas, xornais, blogs ou páxinas web e tratan de responder preguntas clave como: Que se descubriu? Como se fixo? Por que é importante? A diferenza dun texto científico, que está dirixido a especialistas, o de divulgación busca xerar interese e comprensión, facendo a ciencia máis accesible e interesante para todas as persoas.

É unha labor importante porque amplía a ciencia e faina máis democrática, ao ser accesible para máis persoas.

ACCESO AO CANAL DE ENTREVISTAS

Viviendo la ciencia

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)