Que investigarías este curso aquí?
Imos pensar en preguntas
A maioría dos científicos e científicas ao longo da historia comezaron así: facéndose unha pregunta.
Tarefa:
- De xeito individual, pensa en tres preguntas que che gustaría investigar no teu colexio ou instituto durante o próximo mes.
- Xúntate cunha compañeira ou un compañeiro e comparte as túas preguntas. Pide a súa opinión sobre se lle parecen posibles de investigar ou non, e que explique os motivos polos que considera que a investigación sería viable ou non para responder a cada pregunta.
Logo de rematar, podes ver a retroalimentación.
A ver se temos coincidido
Pode ocorrer, e de feito ocorre con frecuencia, que algunhas preguntas, despois de reflexionar, non sirvan para investigar. Algúns exemplos son:
-
Non tedes recursos para investigala: por exemplo, que material é mellor para construír un avión?
-
Non é realmente unha pregunta de investigación, senón unha simple comprobación: por exemplo, cal é a temperatura media do alumnado da miña clase?
-
Non se pode responder obxectivamente: por exemplo, cal é a mellor música da última década?
Porén, moitas outras preguntas seguramente serán válidas. Verémolo máis adiante.