Saltar navegación

C. Xornalistas

Redacta unha noticia

Flickr. Entrevista (CC BY-SA)

Nesta actividade debes escoller un científico ou científica do grupo A e outro ou outra do grupo B. Ten en conta que algúns forman unha parella de científicos que debes tratar como unha soa elección, xa que están vinculados a un mesmo descubrimento. En todo caso, non tes porque unilos por ese criterio. 

Grupo A: Charles Darwin, Gregor Mendel, Marie Curie, Santiago Ramón y Cajal, Isaac Newton, Robert Koch, Antoine Lavoisier, Alfred Wegener.

Grupo B: Margarita Salas, Severo Ochoa, Lynn Margulis, Watson e Crick, Gallo e Montagnier, Alexander Fleming, Juan Luis Arsuaga, Manuel Elkin Patarroyo.

Instrucións para redactar o artigo:

  • Contribución á humanidade: Explica no artigo as achegas principais dunha persoa do grupo A e outra do grupo B, destacando como influíron na historia da ciencia.
  • Elementos comúns: Identifica un elemento ou tema que relacione ambas figuras (A e B) para dar coherencia ao texto. Pode ser un ámbito da ciencia, unha metodoloxía ou un impacto común.
  • Épocas distintas: Deixa claro que pertencen a épocas diferentes, incorporando exemplos que mostren como o contexto histórico, social ou tecnolóxico influíu nos seus traballos.
  • Público xeral: Redacta o artigo cunha linguaxe clara e accesible, para que calquera persoa poida entendelo.
  • Extensión: O artigo debe ter entre 3000 e 5000 caracteres (contando espazos).
  • Revisión: Antes de entregalo, realiza unha corrección coidadosa para eliminar erros ortográficos e gramaticais.
  • Difusión: Comparte o artigo coa túa clase para que os compañeiros poidan deixar opinións argumentadas.
  • Redes sociais: Logo de que o teu profesor ou profesora corrixa o artigo, valora a posibilidade de difundilo en redes sociais.


Recomendacións finais:

  • Escolle un título atractivo que anime á súa lectura.
  • Escribe o artigo pensando no interese do lector, ofrecendo información interesante e relevante.
  • Escolle unha imaxe. 

Abaixo, tes un arquivo con máis recomendacións. 

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)