Ciencia española
AMPLIAMOS DESDE A
Se traballaches a opción A e queres ampliar, podes ler os contidos e realizar todas ou parte das actividades da opción B.
AMPLIAMOS DESDE B
Se traballaches a opción B e queres ampliar, podes ler os contidos e realizar todas ou parte das actividades da opción C.
AMPLIAMOS DESDE C
Se che pareceu interesante unir historia e ciencia, poden gustarche dúas series antigas de Radio Televisión Española (RTVE) sobre dous investigadores, ambos Premios Nobel, e que son españois: Santiago Ramón y Cajal, un aragonés descubridor da neurona, e o asturiano Severo Ochoa, con importantes descubrimentos no campo da bioloxía molecular. Ambas son miniseries que podes ver por anacos. Axudan a entender que as persoas que se dedican á ciencia non son illadas, senón que viviron no seu tempo e estiveron influídas polas circunstancias históricas que lles tocou experimentar.
Aquí tes as ligazóns a "Televisión a la carta" de RTVE.