Cruce de camiños
Como podedes imaxinar, a composición dunha canción é un camiño moi longo. De feito, en ocasións pode converterse nun paseo interminábel que moitos/as artistas abandonan por frustración ou cansazo, se non se toman as decisión axeitadas no momento oportuno. É importante recibir un bo asesoramento durante o proceso creativo, xa que precisamos dunha guía que nos oriente para saber tomar o camiño na dirección correcta. Aquí entra en xogo a figura do produtor musical, unha persoa con experiencia no sector que axuda aos artistas na toma de decisión para conseguir o mellor resultado posíbel, e convertir esa obra en todo un exitazo. Despois de tanto traballo... haberá que sacarlle un pouquiño de rendemento ó tema, non?
Cuestións que veremos nesta unidade, como o tipo de instrumentos a empregar, a agrupación escollida ou mesmo o papel que xoga ca un pasan tamén polo visto e prace de produción.
A expresión "role playing" pódese traducir como xogo de rol, é dicir, un xogo no que os/as participantes teñen que interpretar un papel para poder avanzar no mesmo. Nesta ocasión, convertirédesvos nos vosos propios produtores e produtoras, a prol de tomar as decisións que consideredes para que a vosa composición vaia tomando forma!
Lembrade que traballaremos en tres elementos fundamentais:
- Instrumentos que empregaremos na nosa canción (na sección EN FAMILIA)
- Tipo de agrupamento musical (na sección AGRUPÁMONOS)
- Estilo e partes da composición (na sección FIANDO FINO)