Formando equipo
Unha das funcións do/a produtor/a é asesorar no momento de escoller a agrupación necesaria para compoñer a canción. Cuestións como o número de músicos, o tipo de instrumentos, se se precisa un coro, ou se a peza a cantarán varios artistas son, en parte, responsabilidade da persoa encargada da produción. Neste apartado afondaremos nos tipos de voces máis habituais do panorama musical, xunto coas formacións intrumentais máis empregadas para poder escoller a que máis nos guste de entre tantas opcións!
Como aperitivo soamente aclararemos unha primeira clasificación de agrupamentos para que non vos pille de sorpresa;
- Agrupacións vocais: formadas íntegramente por voces, masculinas ou femininas, pero sen acompañamento de instrumentos.
- Agrupacións instrumentais: compostas soamente por instrumentos musicais, e polo tanto, non presentan cantante.
As coñecidas como agrupacións mixtas son sen dúbida as máis empregadas na industria musical, e compaxinan voces con instrumentos. Están presentes en case todos os xéneros musicais, con excepción dos que empregan únicamente voces ou instrumentos. Na nosa composición empregaremos este tipo de agrupación, xa que seremos nós mesmos/as quen cataremos a letra mentres deseñamos un acompañamento musical orixinal. Pero para iso aínda queda un anaco... imos pouquiño a pouco!